Se chegas a San Antolín de Ibias ia preguntas pola bodega Viña Cuedo diranche que tá no barrio del Sol, nos baxos dúa casa que loce na súa fachada úa vella parra que dá sombra á terraza; a súa cepa fonde as raíces na mesma terra que acolle a bodega.
Parallax La bodega 1
|
Os habitantes desa casa, antigo bar La Peña, elaboraban ia guardaban os sous viños onde hoi encontramos a bodega da Viña Cuedo, entre os cimentos mesmos da casa, nun espacio roubado, en parte, á pena que parece facer honor al nome del bar. A entrada á bodega é un amplo portón que nos abre a un espacio distribuidor entre os dous ámbitos básicos nos que se divide: á esquerda a zona de elaboración i a dereita a zona de degustación-cata.
Parallax La bodega 2
|
Os dous sectores tán definidos por anchos muros de cachotería louseña que conforman os sustentos del edificio. Estas pétreas paredes, unidas a un solo en contacto coa terra i a pena mai de apoio, proporcionan un ambiente ia temperatura únicos prá elaboración i a conservación del viño. Búscase a sinxeleza i a elegancia de lo austero; el mínimo mobiliario, antigo ia con historia, convive coa moderna maquinaria i os depósitos de aceiro inoxidable pra conformar a primeira bodega de Ibias que xunta el laborío tradicional coas novas técnicas de elaboración vitivinícola.
Parallax La bodega 3
|
Na zona de degustación-cata, úa ventá, xunto a úa pequena barra de pedra, permite gozar da vista del fondo del vale por onde corre, entre umieiros, el Ibias. Pódese, incluso, utilizar a mesa situada al outro lado da ventá nun rincón que invita a gozar dun momento tranquilo, pra compartir confidencias en torno a úa botella de bon viño. A presencia, xusto á entrada, dun antigo forno de pedra, que se roxaba con leña de uz cada quince días, excelentemente conservado ia hoi sen uso, completa a descrición de todo el entorno.
Bodega Viña Cuedo
Barrio del Sol, s/n
33810 San Antolín de Ibias
Asturias
Puedes comprar nuestro vino pinchando Aquí
“El vino es la única obra de arte que se puede beber.”