A viña

Cada botella, cada copa, cada sorbo del noso viño trasládate a Ibias. Na parte baxa del vale, acariciada polas cristalinas augas del sou río, encóntrase a viña Cuedo, onde madura a uva que alimenta os depósitos da bodega del mesmo nome. Viña ia bodega son instrumentos pra un obxectivo común: obter cada ano el mellor viño Blanco Verdín (Albarín blanco).

 

Parallax Viñedo

A viña Cuedo aséntase núa finca, cúa pendente media del 19% i un desnivel entre a parte máis baxa i a máis alta de 17 m. El solo é louseño, lixeiramente ácido ia con poucos finos. El "terroir" procede da cerna da terra, extraído pola actividá mineira que practicaron os romanos montaña arriba na busca del preciado ouro, pois utilizaron esta parte del fondo del vale como depósito dos sous estériles.


Parallax Viñedo 2

A plantación é monovarietal Blanco Verdín, con formación en espaldeira. A poda é mixta: a doble cordón i a vara con fiador. El doble cordón utilízase no núcleo da viña i a poda larga úsase nas plantas que tán situadas no contorno da finca ia, neste caso, elevadas dous metros sobre el chao ia cúa inclinación de 30 grados.


Parallax Viñedo 3

A orientación da espaldeira é este-oeste de tal xeito que recibe os beneficios da insolación practicamente todo el día. Á vez, el bacelo tá, polo norte, un pouco fundido con respecto ás fincas inmediatas, quedando así en parte protexido del impacto directo dos aires fríos que poidan vir del Cantábrico.

 

El clima que madura a viña Cuedo é el propio de Ibias, é dicir, frío ia chuvioso no inverno ia con temperaturas elevadas ia certa aridez no vrao. Con respecto al resto de Asturias, é máis frío no inverno ia máis caloroso ia con menos precipitaciois no vrao. Aseméllase máis a un clima continental mediterráneo que al oceánico propio da cornisa Cantábrica, lo que permite a existencia no concello de variedades de árbores propias doutras latitudes da península, como é a sofreira, i, á vez, a maduración a últimos de setembro da uva. Coa variedá Blanco Verdín elaboramos noso viño, brillante colofón en harmonía de todo el que precede, mesturado polo cariño i el entusiasmo que poemos no sou cuidado.